martes, 29 de noviembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en tódolos aspectos da vida.
O lema é "Un día para todos". Desde o centro queremos dar un pasiño máis é incluir a diversidade.

"A ÚNICA DISCAPACIDADE REALMENTE PERIGOSA ESTÁ NO CEREBRO DE AQUELES QUE CREN QUE SER DIFERENTES É SER MENOS"

Para conmemorar este día, Xoán preparou unha selección de material para todos e todas:

EDUCACIÓN INFANTIL






“Topito terremoto” – Anna Llenas






 



“Por cuatro esquinitas de nada” – Jerome Reuillier








"Mimí y la jirafa azul” -Cécile de Visscher






















“Monstruo rosa” – Olga de Dios













“El cazo de Lorenzo” – Isabelle Carrier 





Osiño en cadeira de rodas -
(barreiras arquitectónicas)



“Mi hermano tiene autismo”  - Ana González Navarro y Victoria Labat Gronchi

Clica na imaxe para acceder ao conto.


1º INTERNIVEL (1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)



Corto “Conociendo el mundo con otro sentido”

(Autor: 

Escuela para niños y niñas ciegas de Guadalajara)







 “Mi hermana Lola” Texto: Àngels Ponce Ilustraciones: Miguel Gallardo 

Clica na imaxe para acceder ao conto.






“Tengo Síndrome de Down” - Helena Kraljič





Rato en venta



Na biblioteca tamén poderedes atopar estes libros:


2º INTERNIVEL (3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)






“La niña que caminaba entre aromas” – Ariel Andrés Almada












Comic “Ser diferente es un valor” – Pablo Pineda (Presentación)







Na biblioteca tamén poderedes atopar estes libros:




3º INTERNIVEL (5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)






Comic “Down Town” – Noel Lang, Rodrigo García

(Presentación do primeiro cómic protagonizado por nenos con Síndrome de Down)










Cuerdas - Curtametraxe de Pedro Solís García










  



Daniel Stix, un mozo apaixonado do deporte que pese a súa paraplexia non se pon límites.



Na biblioteca tamén poderedes atopar estes libros:



"O IMPORTANTE É SEGUIR LOITANDO. PORQUE CADA DÍA AGOCHA UN NOVO RETO QUE SUPERAR"

martes, 15 de noviembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Xoán revisou os seus libros da biblioteca e atopou estas historias que quere compartir con todos vos:


Os Bonobos e Bonobas tiñan un status moi desigual no bosque onde vivían todos xuntos. Eles comían o que elas colleitaban, eles viaxaban, aprendían e modernizábanse, pero non permitían que elas tamén o fixeran e burlábanse do seu aspecto.

Ata que se cansaron de soportar ese comportamento tan egoísta...




 
Arturo e Clementina son dúas tartarugas mozas que nada máis coñecerse namóranse e deciden casar. Todo vai ben ata que Clementina ten desexos de facer algo máis.

Arturo sempre con présa non comprende as necesidades da súa compañeira e intenta mercar o benestar de Clementina con agasallos.

Pero Clementina sinte unha carga cada vez máis pesada e non aguanta máis...


O quefaer cotián na casa de Maruxa e Pepiño non está distribuído dun xeito equilibrado e a coitada muller debe facer todos os labores mentres a súa parella folga. Pero as cousas comezan a mudar, xa que Maruxa está cansa desta situación e decide mudar as tornas...

















lunes, 14 de noviembre de 2022

DÍA UNIVERSAL DOS NENOS E DAS NENAS

    Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia.

    Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.

    O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

        Xoán déixavos unha presentación na que podedes atopar información, cancións...