sábado, 20 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Para a conmemoración do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo, Xoán propúxonos un novo reto. 

Nin máis nin menos que elaborar poesías nas nosas clases, sendo, deste xeito, uns grandes poetas! 

Con todas elas faría un libro titulado "A Rosa das Poesías" facendo unha pequena homenaxe a nosa Rosalía de Castro.

Pensades que non aceptamos o reto? Pois todo o contrario, puxémonos mans á obra e creamos unhas poesías magníficas. Queredes velas?


        





domingo, 14 de marzo de 2021

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

 O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. 

Este ano no colexio, o alumnado nas súas aulas adicou este día a diferentes mulleres importantes na historia. 

Aquí vos deixamos unha mostra do seu gran traballo:

   








Agora deixámovos A Táboa Periódica das Científicas. Ao pinchar en cada unha cóntache os seus logros:



domingo, 7 de marzo de 2021

HOMENAXE A NOSA REVISTA BREOGÁN POLO SEU 40 ANIVERSARIO

Esta semana, do 8 ao 12 de marzo, conmemórase a semana da prensa. 

Neste curso queremos facer unha homenaxe a nosa revista escolar "Breogán", que ademáis cumpre 40 anos do inicio da súa elaboración.

Que sabedes da historia que se agocha detrás de tantos anos de publicacións? 

Xoan coa axuda do mestre Rafa queren contarvos un conto moi especial no que se recolle a nosa historia.

 


Nos esquezades facer unha viaxe dende a primeira revista publicada no ano 1981 ata a actual premendo na seguinte imaxe:


 

miércoles, 3 de marzo de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado do colexio festexou o aniversario de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, con distintas actividades; desde manualidades ata recitado de poemas.