viernes, 5 de junio de 2026

PINTANDO AO ESTILO DE.......ABY CASTILLO!!

 Esta semana, grazas ao programa de Bibliotecas Creativas, visitounos a ilustradora e ceramista Abi Castillo. Os pequenos de Infantil fixeron un retrato partindo dunha imaxe co estilo tan  característico de Abi. Utilizaron diferentes técnicas plásticas coa axuda da ilustradora e quedaron uns retratos marabillosos😍!!!








jueves, 4 de junio de 2026

VISITAS DE ESCRITOR@S

 Este foi un curso cheo de visitas moi especiais. Destro do Itinerario Lector tivemos a sorte de recibir no cole a escritores e escritoras que compartiron con nós os segredos do proceso creativo dun libro, descubrimos a relación que algunhas das historias teñen coa súa infancia, con vivencias persoais, con xente importante nas súas vidas... E todos marchamos cos nosos libros asinados cunha dedicatoria.  Unha experiencia marabillosa que xa é tradición no cole e seguiremos organizando por ser encontros inesquecibles.



viernes, 24 de abril de 2026

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO






@s voluntari@s de Biblioteca de 6º axudaron a envolver os libros sorpresa e a escribirlles unha pequena reseña que servira de pista. Traballaron moito e entre tod@s conseguiron preparar unha chea de libros para a cita a cegas.

Que gran equipo!!




Tamén fixemos o tradicional "Apadriñamento Lector", no que o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria exerceu de contacontos cos máis pequenos do cole. 
Unha xornada divertida e chea de boas lecturas!!






lunes, 30 de marzo de 2026

EXPOSICIÓN DE POESÍAS

  Xa podes ver no taboleiro da biblio a exposición coas mellores poesías do reto "Verso busca poema".

Parabéns a tod@s @s participantes!!!

Os máis pequenos tamén xugaron a rimar versos soltos aos que lles faltaban palabras. 
Con pictos é un pouco máis doado😄
Que grandes poetas!!!




lunes, 23 de marzo de 2026

21 E MARZO DÍA DA POESÍA

 







Faremos unha exposición cos mellores poemas, e nos próximos días poderás comprobar como usaron os/as poetas estes versos para escribir rimas. Pero antes terás que localizalos na biblioteca. 
Sabes onde se atopa o andel de poesía? 
Sabes seguir a pista que acompaña aos versos?
En que libros estarán agochados?
ANÍMATE A PARTICIPAR!!