viernes, 28 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA

O día 28 venres celebrouse no colexio o día de Rosalía, xa que este ano cadrou en pleno entroido.O alumnado do colexio, na sesión do proxecto lector, recitou, cantou,  etc... poemas de Rosalía polas aulas.




lunes, 24 de febrero de 2020

MECO RIMOSO

O meco este ano está relacionado co medio ambiente e o alumnado de 5º de primaria elaborou as ordes con rimas. Aquí as tedes:













miércoles, 12 de febrero de 2020

VISITA DA ESCRITORA ALICIA BORRÁS


O pasado 12 de febreiro visitounos a escritora Alicia Borrás, autora do libro "Nata y chocolate". 

O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo conversando con ela, que lles falou dos libros que escribiu, da súa outra profesión, que é actriz de dobraxe, dos novos proxectos literarios que ten entre mans... 

Pero, sobre todo, faloulles da historia de Sonia, Lola e Juan, os protagonistas do libro, en quen se inspirou, canto tardou en escribilo,..e todo aquilo que as nenas e nenos lle preguntaron.

Para rematar firmoulles, con moito agarimo, a cada un o seu libro.










lunes, 10 de febrero de 2020

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

O venres tivemos no colexio unha xornada de contacontos. Os alumnos/as de infantil e 1º de primaria, asistiron a representación do conto ULA LÚA? de Celtia Figueiras que nos conta unha historia sobre amor, familia e amizade, onde valores como tenrura, respecto ou solidariedade cobran importancia fronte a un mundo onde non cabe a violencia..






Por outra banda os alumnos/as de 2º e 3º de primaria asistiron a representación do conto "Somos Iguais" de Raquel Queizás que nos conta que tanto nenos coma nenas somos iguais  tanto de valentes coma de sensibles.






viernes, 7 de febrero de 2020

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

Esta semana os alumnos/as de 2º A e B fixeron unha visita á biblioteca Juan Compañel de Vigo.

Alí tiveron a oportunidade de coñecer como é o funciomamento dunha biblioteca e disfrutar da lectura acompañados dun bibliotecario que lles explicou todo dunha maneira amena.

Visita moi recomendada para facer cos alumnos/as ou tamén en familia.

Pasáronno xenial!








Ademais ofertan actividades para os nenos/as cada mes. Podedes asistir previa inscripción na propia biblioteca ou chamando por teléfono.

Aquí tedes a información das actividades que se levarán a cabo no mes de febreiro na biblioteca Juan Compañel.