O venres tivemos no colexio unha xornada de contacontos. Os alumnos/as de infantil e 1º de primaria, asistiron a representación do conto ULA LÚA? de Celtia Figueiras que nos conta unha historia sobre amor, familia e amizade, onde valores como tenrura, respecto ou solidariedade cobran importancia fronte a un mundo onde non cabe a violencia..
Por outra banda os alumnos/as de 2º e 3º de primaria asistiron a representación do conto "Somos Iguais" de Raquel Queizás que nos conta que tanto nenos coma nenas somos iguais tanto de valentes coma de sensibles.