miércoles, 21 de junio de 2023

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

Chegou a hora dun merecido descanso! Por iso tedes aquí unhas recomendacións de libros de lectura para relaxarse e desconectar nestas vacacións de verán!




lunes, 19 de junio de 2023

LÉVAME PARA A CASA!

Neste curso, e seguindo a actividade dentro do programa de Erasmus + de "Our eco-school is blooming" (liberando libros polo medio ambiente), realizamos un intercambio de puntos por contos descatalogados do noso centro.

O alumnado, por niveis, foron acudindo ao patio para realizar o intercambio. Sempre acompañados e guiados polo equipo de Axudantes da Biblioteca, que fixeron unha gran labor durante todo o curso. 

A experiencia foi moi enriquecedora e gratificante. Aquí vos deixamos algúns dos momentos vividos:

 

Aproveitamos esta actividade para entregarlles aos nosos axudantes un detalliño polo seu esforzo e constancia ao longo de todo o curso.



MOITÍSIMAS GRAZAS!

jueves, 15 de junio de 2023

A NOSA REVISTA BREOGÁN

 

XA ESTÁ AQUÍ A REVISTA DESTE CURSO!


Pinchade na foto para vela:



lunes, 12 de junio de 2023

VISITA DO ESCRITOR ANTÓN CORTIZAS

O día 12 de xuño, , as nenas e nenos de primeiro de Educación Primaria recibiron a visita de Antón Cortizas, escritor do conto "O lapis de Rosalía", que leron en clase.

Disfrutamos moito da súa compaña e tivemos a sorte de ver e usar o lapis máxico de Rosalía.


Esperamos que volva pronto visitar o noso colexio!

lunes, 29 de mayo de 2023

VISITA DO ILUSTRADOR VICTOR RIVAS

O alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria recibiron a visita do ilustrador Víctor Rivas para falarnos do proceso de ilustración do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta".

Foi moi interesante coñecer como se ilustra un libro e a información que transmite cada debuxo, as capas de deseño, a banda deseñada...

Tamén mostrounos láminas da súa obra xeral. Abriu quenda de preguntas e ... aprendemos moitísimo!

Temos que recoñecer que botamos moito de menos a Ledicia Costas, a escritora deste famoso libro.



GRAZAS POR VIR, VÍCTOR!

viernes, 19 de mayo de 2023

3º RETO: CONTOS COLABORATIVOS

 Todo o alumnado do colexio realizou, durante todo o curso, dous contos colaborativos. Comezaron os maiores para rematalos os máis cativos.

A única consigna do tema dos contos era que tiñan que estar relacionado co proxecto deste curso: "Aforra enerxía, coida a Terra... alongaremos a vida". Salvo isto, deixaron voar a súa imaxinación!

Este reto tamén está relacionado co lema das Bibliotecas Escolares que, neste curso, fai fincapé na escritura.

Queredes velos? Clicade no seu título.





lunes, 15 de mayo de 2023

ENQUISA DA BIBLIOTECA

A túa opinión é moi importante para seguir mellorando!


O prazo para realizala rematará o venres 26 de maio.


Moitas grazas por participar. 


Esta enquisa está elaborada para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:


Esta enquisa está elaborada para as familias do centro:




Esta enquisa está elaborada para o profesorado do centro:



lunes, 24 de abril de 2023

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

O pasado venres día 21 de abril festexamos no colexio o Día Mundial do Libro coa actividade do apadriñamento lector, na que os compañeiros/as  maiores do centro lle len aos máis cativos, no patio, á hora de ler.

Os afillados prepararon, con moito agarimo, uns marcapáxinas para agasallarlles aos seus padriños e madriñas ese día.

É unha actividade moi enriquecedora para ambos.

No seguinte vídeo quixemos recoller eses momentos especiais!

MOITAS GRAZAS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!

lunes, 17 de abril de 2023

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

O pasado 13  de abril, os nenos e nenas de 5 anos de infantil tivemos a sorte de que nos viñera visitar Paco Nogueiras.

Viu ao colexio cargado cunha maleta chea de contos: "DO, RE, MI"; "Chibóns, Chibóns"; "Polo camiño"...

Pasámolo moi ben escoitando e cantando todos os contos.


AGARDAMOS VOLVER REPETIR A EXPERIENCIA!

domingo, 2 de abril de 2023

DIA MUNDIAL DO AUTISMO


O día 2 de abril celebramos o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
O TEA (trastorno do espectro autista) é unha condición que teñen algunas persoas que afecta a súa linguaxe e socialización en diferentes grados.

Para saber máis sobre o Autismo deixámosvos esta explicación realizada pola Confederación de Autismo de España.

 

  CAMPAÑA 2023

O movemento de asociación do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, lanzou unha campaña coa que queren facer comprender á cidadanía o dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias a vivir unha vida feliz.

O lema deste ano é "Llamémoslo por su nombre"

Centrou a atención en dous aspectos importantes para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA:

  • Acceso a unha valoración diagnóstica especializada.
  • Acceder a unha serie de servizos individualizados, específicos e especializados.
  • Favorecer a incorporación de ferramentas de detección precoz.
  • Mecanismos de coordinación dos servizos de diagnóstico.

Moitas delas enfróntanse a un nivel moi alto de discriminación en todos os aspectos da vida, debido en boa medida á falta de concienciación sobre o TEA. É preciso eliminar os prexuízos existentes e empatizar co colectivo. Coñecer e comprender as súas necesidades para poder facilitarlles os apoios específicos que lles permitan vivir felices e participar na sociedade en igualdade de condicións respecto ao resto da cidadanía.


 ¡Haz un gesto por el autismo! #DiaMundialAutismo 

    
Para rematar, deixámosvos estes contos:

 El viaje de María

Fundación Orange,  unha curtametraxe de animación realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.

"El cazo de Lorenzo"


"Bambú el Koala"


"Bet y el TEA"

 

"El niño que deseaba volar"



"¡Yo tengo un amigo!"


"Mi hermano es autista"



Pictocuentos: Comunicación sencilla con pictogramas

Podedes acceder aos contos pinchando na seguinte imaxe. 



Na nosa biblioteca dispoñemos tamén da seguinte bibliografía:


martes, 21 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Chegada a SEMANA DA POESÍA no Colexio Balaídos, e con motivo de homenaxear ao mundo dos "versos" e ás escritoras e escritores que os compoñen, o alumnado de quinto recitou catorce poemas, escollidos nos poemarios da Biblioteca de Xoán. 

Primeiro, fixeron os audiopoemas en mp3 (gravaron as estrofas con fondo musical, no programa Audacity); e despois montaron cadanseu videopoema, engadindo imaxes (no programa de edición de video Open Shot). Agardamos que vos gusten!















NORABOA POLO GRAN TRABALLO!

lunes, 20 de marzo de 2023

DIA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

O Día Mundial da Síndrome de Down celébrase o 21 de marzo desde o ano 2012 por un decreto establecido nas Nacións Unidas. O principal obxectivo desta celebración, é crear conciencia dentro da sociedade, do valor que teñen estas persoas, a pesar da súa discapacidade intelectual.


Así mesmo, revindicar as súas achegas á sociedade, dereitos e independencia para a toma das súas propias decisións e crecemento persoal.

Segundo a Asociación Internacional da Síndrome de Down, o lema de 2023 para o Día Mundial da Síndrome de Down é: "Con nosotros, no por nosotros."













viernes, 10 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA E DIA INTERNACIONAL DA MULLER "PON OS LENTES VIOLETAS"

Para a conmemoración da Semana da Prensa e do Día Internacional da Muller, dende a dinamización da Biblioteca e de Igualdade propuxemos unha actividade conxunta na que se relacionaron ambas temáticas.

Os lentes violetas son unha metáfora para explicar como se ve a vida con perspectiva de xénero, e dicir, proporcionar unha mirada crítica para descubrir as desigualdades entre homes e mulleres no día a día.

Co lema "Pon os lentes violetas para ver as desigualdades entre homes e mulleres" no mes de marzo realizamos diferentes actividades. 
 
"Pon os lentes violetas (para cambiar os titulares de prensa)": En educación infantil contamos o número de homes e de mulleres que aparecen nas fotografías que acompañan as noticias. En educación primaria analizamos titulares de prensa e tras a reflexión da mensaxe que lanzan e onde identifican o sexismo, redactaron titulares alternativos non discriminatorios que representan a mensaxe real.

"Obradoiro de contrapublicidade feminista" impartido por A Morada ao alumnado de 6º de primaria. Despois da análise e reflexión sobre a imaxe das mulleres na publicidade compuseron colectivamente anuncios contrapublicitarios mediante a colaxe colectiva.

"Desde peques moi diverXos": obradoiro de diversidade afectivo-sexual, de xénero e familias, impartido pola Asociación Nós Mesmas ao alumnado de 1º, 3º e 5º de primaria.

Visita do Comando Igualdade, do IES Alexandre Bóveda, para contarnos a súa experiencia.


viernes, 3 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller.

Para celebrar este día, Xoán preparou unha selección de material para todos e todas:



































































































viernes, 24 de febrero de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano, entre todo o alumnado, eliximos unha frase célebre de Rosalía de Castro por aula para decorar os escalóns de subida ás aulas: 














FELIZ DÍA DE ROSALÍA!