jueves, 28 de abril de 2022

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

O pasado mércores 27 de abril os nenos e nenas de 5 anos de infantil tivemos a sorte de que nos viñera a visitar Paco Nogueiras. 

Viu ao colexio cargado cunha maleta chea de contos de animais: Elmer, Os ratos van a escola, Animais... 

Pasámolo moi ben escoitando e cantando todos os contos. 












Agardamos volver a repetir a experiencia!

sábado, 23 de abril de 2022

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, conmemórase o Día Mundial do Libro.

Para festexalo, o alumnado de sexto de Educación Primaria converteuse nos padriños lectores dos compañeiros e compañeiras do colexio. Na hora de ler repartíronse polas aulas para contar un conto con moito agarimo e entusiasmo. 

Deste xeito, compartimos un momento de lectura, sendo unha actividade moi enriquecedora.

Xa queda menos para poder facer os apadriñamentos lectores de sempre!


MOITAS GRAZAS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!

Para rematar a celebración deste día, e para aqueles nenos e nenas que saben que a lectura é a mellor forma de viaxar! Deixámosvos un rock: