jueves, 22 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día Mundial do Libro.

Para festexalo propuxemos ao alumnado que trouxeran, ao colexio, o seu libro favorito.

Cada neno e nena contounos porque lle gusta tanto ese libro e é tan especial. Deste xeito, poidemos coñecer unha gran variedade de libros e un pouquiño máis aos nosos compañeiros, sendo unha actividade moi enriquecedora.

Quedounos pena de non poder facer os apadriñamentos lectores, pero desexamos que nos vindeiros cursos volvamos vivir eses momentos xuntos.


A continuación podemos ver, por niveis, aos participantes co seu libro nesta bonita iniciativa:





















XOÁN DESÉXAVOS BOAS LECTURAS!


Agora déixovos uns xogos e actividades moi divertidas!

Este primeiro enlace está destinado ao alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Nel atoparedes pasapalabras, o xogo do dobble de contos e unha aventura para salvar aos contos, tanto en castelán como en galego. 


Para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria temos "La biblioteca misteriosa", un escape game no que tendrán que poñer a proba as súas dotes de investigadores. 


Actividades realizadas por SandBox Educación e a mestra Pastora Capitán.

lunes, 19 de abril de 2021

CONTACONTOS POLA ASOCIACIÓN NÓS MESMAS

  A Asociación Nos mesmas veu a visitarnos. Os alumnos e alumnas de 4 anos puidemos gozar dun contacontos. Roberta trouxonos o conto de  "CARABARCO PIRATRANS".



É un pirata con roda de bicicleta en lugar de pata de pao, de abrelatas en lugar de garfo, de galo en lugar de loro, de chistera para ir elegante, de estrela de mar en lugar de parche, cunha pinza como pendente e con tetas e vulva.





Roberta tamén visitou aos nenos de 1º, 3º e 5º de Primaria. Contoulles historias como a de Pau para falar da diversidade afectivo sexual e de xénero e a diversidade familiar.


Moitas gracias, pasámolo en grande.