Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día Mundial do Libro.
Para festexalo propuxemos ao alumnado que trouxeran, ao colexio, o seu libro favorito.
Cada neno e nena contounos porque lle gusta tanto ese libro e é tan especial. Deste xeito, poidemos coñecer unha gran variedade de libros e un pouquiño máis aos nosos compañeiros, sendo unha actividade moi enriquecedora.
Quedounos pena de non poder facer os apadriñamentos lectores, pero desexamos que nos vindeiros cursos volvamos vivir eses momentos xuntos.
A continuación podemos ver, por niveis, aos participantes co seu libro nesta bonita iniciativa:
XOÁN DESÉXAVOS BOAS LECTURAS!
Agora déixovos uns xogos e actividades moi divertidas!
Este primeiro enlace está destinado ao alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Nel atoparedes pasapalabras, o xogo do dobble de contos e unha aventura para salvar aos contos, tanto en castelán como en galego.
Para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria temos "La biblioteca misteriosa", un escape game no que tendrán que poñer a proba as súas dotes de investigadores.
Actividades realizadas por SandBox Educación e a mestra Pastora Capitán.