Dende a comunidade educativa do CEIP Balaídos queremos felicitarvos neste Nadal 2022, xuntos e xuntas seguimos disfrutando do día a día na nosa escola.
BO NADAL!
Dende a comunidade educativa do CEIP Balaídos queremos felicitarvos neste Nadal 2022, xuntos e xuntas seguimos disfrutando do día a día na nosa escola.
BO NADAL!
Xa chegan as vacacións de Nadal, aquí tedes unhas recomendacións de libros para que podades disfrutar da lectura nestes días de descanso.
FELICES FESTAS!
Xa está aquí o Nadal e Xoán quere que pasedes uns momentos especiais, divertidos e máxicos no colexio e en familia, polo que buscou na biblioteca e atopou uns contos para que viaxedes xuntos no marabilloso mundo da lectura!
Esta experiencia estase levando a cabo no cole nas etapas de Infantil e Primaria. Desenvolveuse en tódolos cursos a partir de 6º de Educación Infantil ata 6º de Primaria.
Erasmus+ é o programa da UE para apoiar a educación, a formación, a xuventude e o deporte en Europa.
Neste curso estamos realizando o proxecto "Our eco-school is blooming", financiado por este programa. Dentro do mesmo, quixemos darlle unha segunda vida aos libros que xa non se utilizaban na biblioteca do centro. Co lema “liberando libros polo medio ambiente” catalogamos os libros na plataforma Bookcrossing de intercambio, escribindo en cada un deles un código BCID, a través do cal podemos seguir a súa viaxe. Estes libros foron “liberados” no noso colexio así como en diferentes cidades, escolas, institucións…
O alumnado forrounos cunha nova portada, na que debuxaron e escribiron mensaxes a favor do coidado do medio ambiente e da protección dos ecosistemas e das especies en perigo de extinción. A través da páxina de Bookcrossing podemos seguir o percorrido realizado polos libros. Á vez, cada libro leva un código QR, que ao escanealo lévanos á seguinte páxina web:
Outra das novidades neste curso é a apertura da biblioteca na hora do recreo como actividade dos patios dinámicos.
Poderedes ler as vosas lecturas preferidas no tempo de lecer!
Cada curso ten un calendario co día asignado, xa que vai rotando cada semana.
Xoán precisaba axudantes voluntarios e no mes de outubro propuxo ao alumnado de 5º e 6º ser axudantes.
Foi un éxito e anotáronse tantos axudantes que estamos moi orgullosos e agradecidos. Nestas semanas observamos un gran compromiso e responsabilidade da súa parte, incluso cubrindo as faltas de asistencia dos compañeiros e compañeiras para que ese día a biblioteca non quede desatendida.
Moitas grazas a todos e todas!
Deixámosvos unha pequena mostra destas semanas:
Neste curso, partindo do lema das Bibliotecas Escolares que fai fincapé na escritura, aproveitamos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro, para que o alumnado realizara un separador, en forma de árbore, para colocar nos andéis da biblioteca. Neles escribiron o seu nome en Linguaxe de Signos e en Braille.
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, levamos a cabo na escola accións de sensibilización e prevención de todas as formas de violencia contra as mulleres e a importancia de alcanzar a igualdade total.
Esta ano inspirámonos na canción "Que non mo neguen" das Tanxugueiras para elaborar os carteis e deixar os nosos lemas e imaxes de repulsa nas ventás.
Ademáis contamos coa colaboración do alumnado de 6º, 5º e 4º de primaria que leron aos seus compañeiros e compañeiras do cole contos pola igualdade e contra a violencia de xénero.