viernes, 31 de mayo de 2019

FESTILETRAS

A última semana de maio celebramos como todos os anos o noso FESTILETRAS, onde os nenos e nenas de Infantil e Primaria realizaron diferentes actuacións na que empregaban e utilizaban a nosa lingua galega.
Podedes ver as súas actuacións pinchando no curso desexado. As actuacións de Infantil non se poden ver xa que andan argallando unha sorpresa, teredes que ter un pouco de paciencia.

PRIMEIRO A                                                   PRIMEIRO B

SEGUNDO A                                                   SEGUNDO B

TERCEIRO A                                                  TERCEIRO B

CUARTO A                                                     CUARTO B

QUINTO A                                                      QUINTO B

jueves, 30 de mayo de 2019

CONTACONTOS: A VERDADEIRA HISTORIA DO RATO PÉREZ

Hoxe,30 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º  de primaria ,recibiron a visita de Benxamín,que en dúas sesións contoulles a verdadeira historia do Rato Pérez. Así souberon  que teñen  no cole aos seus axudantes e por iso sabe cando a un neno/a cáelle un dente. Tamén aprenderon que é importante comer cos cubertos e non coas mans.....a comida pode sair saltando do prato!.Pasaron unha sesión divertidísima xa que Benxamín, ademais debuxa as historias que conta e deixounos uns murais fantásticos nas clases.


domingo, 26 de mayo de 2019

VISITA DA ILUSTRADORA IRIA BLANCO

O pasado xoves 16 de maio, coincidindo ca semana das Letras Galegas, tivemos a sorte de que nos visitara a pintora viguesa Iria Blanco.

Foi unha xornada xenial, acercounos a súa obra e, entre os grupos que participaron, pintaron un lienzo que quedara exposto nos corredoiros do noso colexio.

Iria contaxiounos a todos o gusto pola arte e animou a todos os alumnos a loitar polo seu soño, fose cal fose.

Antes de se marchar percorreu o centro para observar as nosas creacións a partir da súa obra.


viernes, 24 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS "CORRE LINGUA"

 Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano adícase a Antonio Fraguas, no colexio fixemos un corre lingua dende Infantil ata Primaria cunha morea de palabras na nosa lingua e colocámolas polos corredores do colexio. Aquí tedes o resultado:


jueves, 23 de mayo de 2019

DÍA DAS FAMILIAS




O día 15 de maio celébrase o Día da Familia.
Un ano máis o festexamos dende o colexio, para iso traballamos co conto "Familias de oh! Mami Blue".
Cada aula ilustrou un poema deste conto, que despois expuxemos no corredoiro do centro.



VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

O mércores día 15 de maio visitounos  a escritora Ledicia Costas. O alumnado de 5º e 6º de primaria tiveron a oportunidade de coñecela en persoa e falar dos seus libros que con anterioridade leron para comentalos durante a súa visita.
Os libros  para esta actividade foron:
Para 5º: Escarlatina, a cociñeira defunta
Para 6º: As peripecias de Extravaganzza Pérez.






lunes, 13 de mayo de 2019

TEATRO DE SOMBRAS: "O TOMATE ESBRANCUXADO"

Beatriz a mestra de música do noso cole traballou o teatro de sombras chinesas co alumnado de 6ºA e B de Educación Primaria poñendo en escea  a obra "O tomate esbrancuxado".Para elo contou coa colaboración da mestra Mª Elena Poutas que fixo unha versión desta obra,o conserxe Rogelio que axudo na montaxe e a mestra Raquel Cerviño que fixo a letra da canción , partindo da música de "asereje" das Keptchup e que gravaron os alumnos e alumnas de 4ºB.
Con esta obra pretendíase que o alumnado aprendese a respetar ás persoas sen ter en conta a cor de pel.


         

jueves, 2 de mayo de 2019

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

O pasado venres día 25 de abril festexamos no colexio o Día do Libro coa actividade do apadriñamento lector, na que os compañeiros maiores do centro lle len aos máis cativos, no patio, á hora de ler.

Anteriormente, os padriños e madriñas visitaron aos seus afillados e afilladas para coñecelos, saber os seus gustos lectores... Ao mesmo tempo, os afillados prepararon, con moito agarimo, uns marcapáxinas para agasallarlles aos seus padriños e madriñas ese día.


É unha actividade moi enriquecedora para ambos. No seguinte vídeo quixemos recoller eses momentos especiais!