O pasado venres día 25 de abril festexamos no colexio o Día do Libro coa actividade do apadriñamento lector, na que os compañeiros maiores do centro lle len aos máis cativos, no patio, á hora de ler.
Anteriormente, os padriños e madriñas visitaron aos seus afillados e afilladas para coñecelos, saber os seus gustos lectores... Ao mesmo tempo, os afillados prepararon, con moito agarimo, uns marcapáxinas para agasallarlles aos seus padriños e madriñas ese día.
É unha actividade moi enriquecedora para ambos. No seguinte vídeo quixemos recoller eses momentos especiais!