martes, 7 de julio de 2026

Exposición "A arte en..."

 Durante este curso 25-26, alumnos/as de diferentes niveis de E.P. (2º,3º, 5º e 6º) do noso centro estuvieron a traballar nun proxecto de investigación sobre o PDI do centro en base ou seus propios centros de interese. Conxuntamente realizaron unha exposición onde cada un presentou o producto da súa investigacion con exemplos de manifestacións artísticas creadas a partir da información obtida de consultar diferentes libros e medios da biblioteca e feitas con diferentes ferramentas do Polo Creativo. Ademáis de crear, explicaron aos seus compañeiros e compañeiras cada unha das súas creacións.

Maís fotos e vídeos aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/1941
 

 

viernes, 5 de junio de 2026

PINTANDO AO ESTILO DE.......ABY CASTILLO!!

 Esta semana, grazas ao programa de Biblioteca Creativa, visitounos a ilustradora e ceramista Abi Castillo. Os pequenos de Infantil fixeron un retrato partindo dunha imaxe co estilo tan  característico de Abi. Utilizaron diferentes técnicas plásticas coa axuda da ilustradora e quedaron uns retratos marabillosos😍!!!








jueves, 4 de junio de 2026

VISITAS DE ESCRITOR@S

 Este foi un curso cheo de visitas moi especiais. Destro do Itinerario Lector tivemos a sorte de recibir no cole a escritores e escritoras que compartiron con nós os segredos do proceso creativo dun libro, descubrimos a relación que algunhas das historias teñen coa súa infancia, con vivencias persoais, con xente importante nas súas vidas... E todos marchamos cos nosos libros asinados cunha dedicatoria.  Unha experiencia marabillosa que xa é tradición no cole e seguiremos organizando por ser encontros inesquecibles.



viernes, 24 de abril de 2026

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO






@s voluntari@s de Biblioteca de 6º axudaron a envolver os libros sorpresa e a escribirlles unha pequena reseña que servira de pista. Traballaron moito e entre tod@s conseguiron preparar unha chea de libros para a cita a cegas.

Que gran equipo!!




Tamén fixemos o tradicional "Apadriñamento Lector", no que o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria exerceu de contacontos cos máis pequenos do cole. 
Unha xornada divertida e chea de boas lecturas!!

E como agasallo, todo o alumnado do cole levou un marcapáxinas que elaboraron eles mesmos coa axuda dos mestres empregando os equipos de Polos Creativos






lunes, 30 de marzo de 2026

EXPOSICIÓN DE POESÍAS

  Xa podes ver no taboleiro da biblio a exposición coas mellores poesías do reto "Verso busca poema".

Parabéns a tod@s @s participantes!!!

Os máis pequenos tamén xugaron a rimar versos soltos aos que lles faltaban palabras. 
Con pictos é un pouco máis doado😄
Que grandes poetas!!!




lunes, 23 de marzo de 2026

21 E MARZO DÍA DA POESÍA

 







Faremos unha exposición cos mellores poemas, e nos próximos días poderás comprobar como usaron os/as poetas estes versos para escribir rimas. Pero antes terás que localizalos na biblioteca. 
Sabes onde se atopa o andel de poesía? 
Sabes seguir a pista que acompaña aos versos?
En que libros estarán agochados?
ANÍMATE A PARTICIPAR!!










jueves, 26 de febrero de 2026

TALLER DE CÓMIC




O alumnado de 5º de EP participou nun obradoiro moi especial da man de María Vilar, da academia de debuxo KAME CÓMIC

Seguimos traballando o arte no noso centro, dentro do proxecto #atreveteaemocionarte. Ao longo da sesión mergullámonos no mundo do cómic: creación de personaxes, expresións, encadres… e moita imaxinación! Foi unha experiencia súper enriquecedora na que o noso alumnado puido explorar a súa faceta máis artística e narrativa.

Este obradoiro foi posible grazas á nosa participación no programa Biblioteca Creativa, dentro do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta). Unha aposta clara por facer da biblioteca un espazo vivo, creativo e cheo de oportunidades.

Seguimos aprendendo, creando e gozando da lectura… tamén en viñetas!





 


miércoles, 14 de enero de 2026

PUNTO LECTOR PARA OS MAIORES

 ESTREAMOS UN NOVO PUNTO LECTOR PARA MAIORES A DISPOSICIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA






(Lista actualizada en abril de 2026)

  ESCOLLE O LIBRO 

  ANOTA O TÍTULO NA FOLLA DE REXISTRO

  E DISFRUTA DA AVENTURA !!!

 LEMBRA...





1º CONCURSO DE CONTOS CON SENTIMENTO

 



PARABÉNS AOS GAÑADORES!!  JULIA, ZOE E DAVID

          

                 E A TODOS OS PARTICIPANTES