martes, 31 de mayo de 2022

CONTOS SONOROS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A área de Música colaborou co equipo de Biblioteca tendo en conta o seu lema "A Biblioteca escolar ten a palabra".

O alumnado de 6º de Educación Primaria construíu instrumentos musicais con materiais de refugallo:

Estes instrumentos tocáronos, xunto cos da aula, nos contos sonoros que inventaron en pequenos grupos:

 
MOITA MEL


UNHA PANTASMA FALSA

 
 
A ELFA DA PAZ


 
O MONSTRO BO


 
UN ASASINATO NUNHA NOITE DE VERÁN


 
O SON MÁXICO


 
BAILE NA CHUVIA


 
AMIGUIÑOS PARA SEMPRE


 
AS TRES CORES

 

lunes, 30 de mayo de 2022

CONTOS SONOROS DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A área de Música colaborou, co equipo da Biblioteca, tendo en conta o seu lema "A Biblioteca escolar ten a palabra".

O alumnado de 5º de Educación Primaria inventou, en pequenos grupos, contos sonoros empregando os instrumentos musicais da aula.

O resultado foi magnífico!

Non dubidedes en escoitalos!

Só clicade nas imaxes:


A GUERREIRA E O FÉNIX




O BOSQUE TENEBROSO





UN PASO CARA ADIANTE




VACACIÓNS NA SELVA





A VIDA DUN BOMBEIRO





OS ANIMAIS FUXITIVOS





O MONSTRO DO LAGO NESS





O PALACIO EMBRUXADO





UN SECUESTRO NO BOSQUE




UNHA TARDE DIVERTIDA



lunes, 23 de mayo de 2022

3º RETO: COCIÑANDO CON XOÁN

Na miña viaxe por Europa coñecín moitos pratos de cociña diferentes.

Ademais de probalos, púxenme ao choio.



Na nosa biblioteca ademais de contos, cómics, poesías... tamén atoparedes libros de consulta, entre eles algúns de cociña.


Agora quero propoñervos un xogo. Ao mesmo tempo coñeceredes distintos pratos dos países que visitei: Estonia, Croacia e Grecia.


Pinchade no xogo do voso curso e a pasalo ben!


XOGO PARA EDUCACIÓN INFANTIL:



XOGO PARA 1º E 2º DE PRIMARIA:


XOGO PARA 3º E 4º DE PRIMARIA:


XOGO PARA 5º E 6º DE PRIMARIA:



sábado, 21 de mayo de 2022

A NOSA REVISTA BREOGÁN 2022

 XA ESTÁ AQUÍ A REVISTA BREOGÁN!


Pinchade na foto para vela:


viernes, 20 de mayo de 2022

VISITA DO ESCRITOR XAVIER ESTÉVEZ

Un dos libros do itinerario lector deste curso para 6º foi "Os camiños do vento", de Xavier Estévez.  

O xoves 19 de maio Xavier achegouse ata o CEIP Balaídos para falarnos, entre outros temas, do seu libro. 

O alumnado puido facerlle preguntas sobre o proceso de escritura, as letras galegas e demáis temas que foron xurdindo. Compartimos un rato moi agradable co autor e para rematar asinou e adicou persoalmente os libros de todo o alumnado e deu algúns consellos sobre o paso ao instituto.  



GRAZAS!

lunes, 16 de mayo de 2022

DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celebramos o Día da Familia. Esta conmemoración reflicte a importancia que ten a familia como unidade básica da sociedade, así como a súa preocupación pola situación das familias en todo o mundo.

No cole fixemos un pequeno documental para conmemorar esta data.

Esperamos que vos guste moito!

viernes, 13 de mayo de 2022

VISITA DO ESCRITOR IAGO LÓPEZ

No segundo trimestre estivemos a ler o conto "O cociñeiro Martiño" en 1º de Educación Primaria e "O cociñeiro Martiño e as cenorias desparecidas" en 2º de Educación Primaria. 

O 12 de maio tivemos unha visita moi especial, o escritor Iago López!

Chegou cunha caixa misteriosa e díxonnos que nos ía contar un conto... Non máis comezar ao escoitalo soubemos que se trataba do "Cociñeiro Martiño" e moi atentos iamos vendo como o conto cobraba vida e, incluso, algúns dos nosos compañeiros formaban parte del.

Despois con moita paciencia respondeu as nosas dúbidas e asinou os nosos exemplares.

A verdade é que foi unha experiencia estupenda e moi divertida.

Grazas Iago López!

jueves, 12 de mayo de 2022

XOÁN CHEGOU A GRECIA!

                                                     Xa estou en Grecia! 

Saúdos dende Pastida