jueves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

#QuedaNaCasa 


Desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.


Para a difusión do Día do Libro, Manuel Gago, escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, creou un texto orixinal cedido xenerosamente, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:



"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"



Xoán a través do seu blogue quere festexar o Día do Libro dunha maneira especial, distinta á doutros anos polas circunstancias que estamos a vivir.


Antes de nada, quere rememorar con todos vos a actividade  que facíades no cole de apadriñar a un neno ou nena á que lle liades un conto no patio, “na hora de ler”.



Era unha actividade moi enriquecedora xa que durante a semana os padriños e as madriñas visitaban aos seus afillados e afilladas para coñecelos, saber os seus gustos lectores… Ao mesmo tempo os afillados / as , preparaban , con moito agarimo, un marcapáxinas para regalarllos a eles.

Fixádevos!



Agora toca vivilo, dunha maneira virtual, a través duns videocontos que nos enviaron nenos e nenas do colexio para subilos ao blogue da biblioteca. Non podemos subilos todos pero desde aquí darvos as grazas pola enorme participación. 

GRAZAS DE TODO CORAZÓN 

         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
     


Espero que vos gustase, que sigades lendo moito e lembrade: