#QuedaNaCasa
Para este xoves 23 de abril, Día do Libro, temos unha oferta moi especial para as familias.
En primeiro lugar, unha iniciativa da Biblioteca Centro de documentación do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), que nos ofrecen unha sesión de contacontos online con María Xosé Martínez "As luces que se acenden e se apagan", baseado no libro de Ramón Trigo.
A emisión será o xoves ás 12:00 horas a través da canle de youtube do MARCO. Deixámosvos o enlace a continuación:
Por outro lado, temos o "Concierto On-Line por la Paz y la Igualdad" de Paco Damas, en este día tan especial, ás 19:00 horas no seguinte enlace de Facebook: