jueves, 29 de noviembre de 2018

"BAIXO O MESMO PARAUGAS". DISCAPACIDADE

  


O  3 de decembro de 2018 conmemorase o Día Internacional da Discapacidade .
Con tal motivo 47 entidades sociais das provincias da Coruña e Pontevedra unidas baixo o mesmo paraugas para reivindicar que as persoas con discapacidade sexan consideradas como cidadáns de pleno dereito.
Para celebralo este ano o día 3 de decembro no porto de Vigo (naútico) as 12:00 levarase a cabo un acto  no que  poderedes asistir levando un paraugas de cores chamativo e poñendolle un lema sobre a discapacidade , tamén podedes aprender a canción de Macaco "Somos unha marea de xente".
Animate a participar!