Para conmemorar esta data os alumn@s de primeiro traballaron o libro "ARTUR E CLEMENTINA", libro que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os esteriotipos sexistas e denuncia a discriminación.
Nesta semana @s compañeir@s de 5 anos, 2º, 4º e 6º de Ed. Primaria tiveron o seu primeir obradoiro de Camiña con Nós pola Igualdade, desenvolvido dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
A súa finalidade é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
No seguinte vídeo podedes ver os diferentes obradoiros:
Para
rematar, unímonos tod@s @s compañeir@s para elaborar un mural no que
mostramos o noso apoio e loita contra a violencia de xénero.