viernes, 31 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: COMEZAMOS A INVESTIGAR!!

 Chegou o día!

Polo 24 de outubro Xoán quixo compartir con nós unha información moi interesante sobre a celebración deste 

"Dia das Bibliotecas"

 Pincha na imaxe e aprenderás un montón de cousas. 




Durante esa semana cada grupo baixou á Biblioteca para participar nun xogo de búsqueda e seguir os seguintes pasos:

1. Coller o seu "tejuelo" correspondente ao seu grupo no mural da    entrada.


 2. Atopar o libro que levaba esa etiqueta na sección de consulta, en concreto nos andeis cos libros de Arte.
 3. Unha vez localizado o libro tiñan que resolver adiviña escondida dentro. 
           
        Todos os grupos conseguiron superar o reto. Bravo rapaces e rapazas!!!

Ao rematar, cada grupo levou de premio a Mochila Viaxeira e Caixa Violeta cos libros de igualdade para a súa aula.

 

N
as caixas atoparon un gran sobre co lema deste curso  "Atrévete a emocioArte", e dentro do sobre unha peza do puzzle colectivo que entre todos  conseguiron completar. 
                                                          


Mirade que ben quedou😍


Os peques de Infantil enmarcaron o mural para completar o 
cadro final. 
Son uns artistas!!!