Para a conmemoración do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo, Xoán propúxonos un novo reto: "Elaborar e recitar poesías en distintos idiomas".
Deste xeito convertémonos nuns grandes poetas!
Neste curso as Bibliotecas Escolares de Galicia temos o lema "A biblioteca escolar ten a palabra", tendo o foco na palabra e na oralidade. Polo que o noso alumnado gravouse recitando as súas poesías.
Non esperedes máis e clicade nos diferentes cursos!
BO TRABALLO!