O venres 25 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido!
Este ano seguindo o proxecto documental integrado "Camiñando por Europa" fixemos e baixo o lema "Non hai fronteiras", o cole encheuse de exploradores e exploradoras, cámaras de fotos, peregrinos e peregrinas, turistas, pasaportes, información importante dos diferentes países europeos e cantantes do grupo Tanxugueiras.
Para cumprir o protocolo e todas as precaucións dividimos o desfile, primeiro desfilaron os grupos A e despois os B, coas súas zonas delimitadas para gozar del. Non podemos esquecer o noso presentador, que con moito agarimo e entusiasmo ía comentando, animando e dando comezo a cada desfile.
Queremos compartir con vos ese día, xa que este ano non puidestes facernos compaña.