jueves, 21 de octubre de 2021

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

As bibliotecas escolares de Galicia publican o lema e o cartel de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA", quere poñer o foco na palabra e a oralidade.

Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.

Dende a nosa biblioteca seguimos a adaptar o lema ao noso propio proxecto, que neste curso vai da man co proxecto Etwinning que imos levar a cabo no colexio:

"CAMIÑANDO POR EUROPA"


O curso pasado a Curuxa viaxou arredor de Europa e coñeceu Polonia, Suecia, Grecia e Turquía. Este curso Xoán, a mascota da biblioteca quixo ser coma Curuxa e descubrir Europa. Camiñaremos da súa man para coñecer a música, a gastronomía e a literatura dos nosos países veciños e eles coñecerán a nosa cultura.