O pasado martes
día 11 de maio, visitou ao alumnado de 5º de Educación Primaria, de maneira virtual, o autor do libro “Avións de
papel”, Xavier Estévez. Neste encontro, feito por videoconferencia, puidemos
intercambiar as diferentes visións sobre o argumento do libro, impresións sobre
os protagonistas, así como a experiencia persoal do autor nos seus inicios como
escritor.
Ademais, Xavier
contounos tamén que xa escribiu a segunda parte da historia de Lucas e Sara, os
protagonistas do libro que xa lemos. Este nova obra se titula “Os camiños do
vento” e, por suposto, xa estamos desexando lela!!!
A experiencia
foi moi ben recibida e valorada polo alumnado de quinto, que desexa que se
volva repetir pronto.