domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

#QuedaNaCasa


Por qué celebramos o 17 de maio o Día das Letras Galegas?

A Real Academia Galega en 1963 instituíu, o 17 de maio, a celebración do Día das Letras Galegas  para conmemorar os 100 anos da publicación do libro de Cantares Gallegos de Rosalía de CastroDende entón todos os 17 de maio dedicamos o día a persoas que destacasen pola súa obra en galego ou defensa da nosa lingua galega.
  

Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo y lingüísta.

Sabíades que...?

· Naceu en Ferrol o 30 de outubro de 1910.

· Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua...

·Primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

· Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega.

· Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

Tamén escribiu moitos libros de poemas, teatro, relatos


No seu relato titulado As pitas baixo a choiva, escrito para os máis pequenos, cóntanos un feito que lle pasou cando era un neno. Quería recoller as pitas que se estaban a mollar no patio. Ao final do relato todos estaban mollados como pitos: as pitas, el e toda a súa familia. 

Queredes lelo? Clicade na seguinte imaxe:


Para acceder as cancións do conto clicade na seguinte icona: 














Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose a actividade de recolección daquelas palabras que máis vos gusta na nosa lingua, ditos, refráns e lemas que escoitades a cotío na vosa contorna...

Como resultado da actividade elaborouse un libro. Queredes ver o ben que nos quedou? Clicade na súa portada:


Para rematar esta gran celebración compartimos con todos a canción "Queremos galego" de Pablo Díaz: