viernes, 31 de enero de 2020

DÍA DA PAZ

Onte celebramos no colexio o Día Escolar da non-violencia e a Paz (DENIP), que se conmemora o 30 de xaneiro para recordar a morte de Gandhi.
Este ano os alumnos/as fixeron dous murais , un en galego e outro en castelán co lema: Pecha os ollos e pensa na paz Que ves?.
Responderon a esta pregunta , debuxando e  escribindo  nun post-it e colocándoo no mural correspondente.
Depois do recreo xuntámonos todos no patio para ler o manifesto que escribiron os alumnos/as de 6ºA  e 6ºB e cantar a canción A porta violeta de Rozalén. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/1012https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/1012


Aquí tedes o manifesto:
CANDO PECHO OS OLLOS E PENSO NA PAZ......
Vexo... que se todo o mundo loitara pola paz, a paz existiría.
Vexo... que ser boa persoa, e pensar nos demais é esencial.
Vexo... que debemos perdoar e comprender outras opinións.
Vexo... que non debemos ignorar aos demais.
Vexo... xente axudándose.
Vexo... que deberíamos tratar aos demais como queremos que nos traten a nós.
Vexo... xente dialogando para dar respostas a calquer tipo de violencia.
Vexo... igualdade, porque todos temos os mesmos dereitos sen importar o xénero, a raza ou a relixión.
Vexo... un mundo sen guerras.
Vexo... un mundo sen acoso na escola.
Vexo... un mundo cheo de DEMOCRACIAS,e sen DICTADURAS.
Vexo... que non pelexamos entre nós, na escola.
Vexo... tolerancia, amizade, amor e paz como solución.
Que quede claro...que debemos traballar todos os días, para lograr un mundo sen conflictos.

FELIZ DÍA DA PAZ