sábado, 16 de marzo de 2019

VISITA DO ESCRITOR IAGO LÓPEZ

Durante este trimestre os nenos e nenas, de 2º de Educación Primaria, leron o segundo conto do escritor "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Como lles gustou tanto, non dubidaron buscar o seu primeiro libro na biblioteca do centro "O cociñeiro Martiño" para lelo tamén.

O venres 15 de marzo o alumnado de 2º tivo a sorte de recibir a visita do escritor Iago López.  Xa tivéramos o pracer de contar con el como contacontos o curso pasado, e non volveu defraudar! Escenificou o seu conto coa axuda dos nenos e nenas, emocionounos e sacoulles sorrisos. Despois, con moito agarimo, firmoulles e dedicoulles unhas palabras nos contos aos cativos.

Unha imaxe vale máis ca mil palabras! Aquí vos deixamos un vídeo deste momento tan especial!!


MOITAS GRAZAS IAGO LÓPEZ!! 

Animámoste a escribir unha terceira historia do cociñeiro Martiño, estaremos pendentes!