Para conmemorar o día internacional da muller, o Equipo de biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propomos a seguinte actividade:
Traballar unha muller relacionada co mundo do cine, aproveitando que é o proxecto anual deste curso. Elaboraremos en formato A3 a biografía acompañada dun debuxo ou fotografía da persoa escollida. Unha listaxe de posibles mulleres que se poden traballar (a maioría galegas) son:
ACTRICES: María Castro, María Bouzas, Marta Larralde, María Pujalte, Cristina Castaño, Mabel Rivera,..........
DIRECTORAS: Patricia Ferreira, Isabel Coixet, Iziar Bollain, Alice Guay-Blanché, ......