Comezamos o curso cunha novidade da Editorial Galaxia, na
súa colección Arbore e recomendada para lectores a partir dos 10 anos.
Xoán Babarro propón neste libro, unha viaxe ás rúas de
Bengala da man do profesor Robindra. Este mestre de literatura, amante do
teatro de monicreques, aproveitará as carautas de boteiro de Vilariño de Conso
para contar aos nenas e nenas fermosas historias e poesías.
Teremos tamén ocasión de aprender e practicar algunhas
palabras en bengalí.