Páginas
jueves, 16 de octubre de 2014
DOUS LIBROS GALEGOS NO WHITE RAVEN 2014
Dous traballos de editoras galegas intégranse na lista White Ravens, que recolle cada ano os douscentos mellores libros de literatura infantil e xuvenil do mundo. A listaxe, que elabora a Biblioteca Internacional da Mocidade de Munich, recolle un total de seis obras editadas en España. Entre estas inclúe o conto "Gallito pelón", de Paula Carbonell e Philip Giordano, editado pola galega OQO e mais "Nicomedes o pelado", de Pinto e Chinto e editado por Kalandraka. Esta última é a única obra en galego incluída na selección deste ano.