Neste 2013 cúmprense 50 anos do nacemento desta celebración, que comezaran coa homenaxe a Rosalía de Castro en 1963 (no centenario da publicación do seu libro "Cantares Gallegos" que, por certo, cumpre o seu 150 aniversario). Co cal VIDAL BOLAÑO convértese no homenaxeado nº 51.
Pois ben, de seguido deixámosvos un enlace a unha morea de actividades en liña que vos permitirán achegarvos á vida e obra de VIDAL BOLAÑO.
Clica na imaxe e entrarás na Lareira Dixital do noso colexio.
A divertirse!!!!!!!
XOGO (CLICA NO ENLACE)
LEMBRÁMOSVOS que a Comisión da REVISTA BREOGÁN, coma todos os anos, proponvos que vos inspiredes e recreedes a obra dun artista. Nesta ocasión acordouse propór a recoñecida obra da pintora viguesa MENCHU LAMAS.