#QuedaNaCasa
O 27 de marzo de 1962 o Instituto Internacional do Teatro
(ITI) decidiu establecer esta data como Día Mundial do
Teatro, lembrando a
apertura do Teatro das Nacións en París. O seu obxectivo é promover o teatro en
todas as súas formas arredor do mundo, crear conciencia sobre o valor do teatro
e poñer en valor a forma de arte "teatro".
Este ano o dramaturgo pakistaní Shahid Nadeem é o
encargado do manifesto: O Teatro como Santuario.
Recollemos un fragmento do Manifesto de Paula Carballeira, para GÁLIX no Día Mundial do Teatro. (Preme na imaxe de Gálix para ler todo o Manifesto)
Nestes tempos de confinamento son
moitas as actividades que , a través das redes, conmemoran esta data. Pinchade nas imaxes para acceder a elas:
- Tanxarina Títeres: A Galiña Azul
- GÁLIX: Teatro Infantil Galego no Día Mundial do Teatro
Como nos dí sempre o profe Rafa:
Sabíades que calquera conto pode ser contado de xeito teatral, facendo teatro?
Sabíades que calquera conto pode ser contado de xeito teatral, facendo teatro?
Pois abofé que si! Unha persoa chega!
Cambiando as voces para que os personaxes do conto dialoguen; facendo acenos e
xestos, usando só a palabra e imitando sons; facendo ao público imaxinar
obxectos, animais ou persoas,...
Na hora de ler do Colexio Balaídos non só
lemos, tamén temos Contacontos, contos dramatizados.
Vede aquí este videoconto
supercoñecido: “Os 7 Cabritos”.
Probade vós! Animádevos! Aprendede un
conto e contádeo!
Vós podedes facelo!!
Agora é un bo momento para lembrar obras de teatro que fixo o alumnado noutros anos:
Autora do conto: Ruth Bernárdez Vázquez