A bióloga e escritora ingresou o 14 de
xaneiro de 2017 na Real Academia Galega, ocupando a cadeira que deixara baleira
Xosé Neira Vilas.
Moitas son as obras de Marilar
Aleixandre dirixidas ao público infantil e xuvenil, desde A formiga
coxa a Catro cascarolos ou d´A
expedición do Pacífico á Cabeza de Medusa, en
prosa. En poesía, A ovella descarreirada.
A autora ten visitado moitas bibliotecas escolares
para falar dos seus libros e os clubs de lectura teñen as súas novelas entre as
preferidas.