@s voluntari@s de Biblioteca de 6º axudaron a envolver os libros sorpresa e a escribirlles unha pequena reseña que servira de pista. Traballaron moito e entre tod@s conseguiron preparar unha chea de libros para a cita a cegas.
Que gran equipo!!
Tamén fixemos o tradicional "Apadriñamento Lector", no que o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria exerceu de contacontos cos máis pequenos do cole.
Unha xornada divertida e chea de boas lecturas!!
E como agasallo, todo o alumnado do cole levou un marcapáxinas que elaboraron eles mesmos coa axuda dos mestres empregando os equipos de Polos Creativos


.jpg)

