Esta semana, grazas ao programa de Bibliotecas Creativas, visitounos a ilustradora e ceramista Abi Castillo. Os pequenos de Infantil fixeron un retrato partindo dunha imaxe co estilo tan característico de Abi. Utilizaron diferentes técnicas plásticas coa axuda da ilustradora e quedaron uns retratos marabillosos😍!!!
viernes, 5 de junio de 2026
jueves, 4 de junio de 2026
VISITAS DE ESCRITOR@S
Este foi un curso cheo de visitas moi especiais. Destro do Itinerario Lector tivemos a sorte de recibir no cole a escritores e escritoras que compartiron con nós os segredos do proceso creativo dun libro, descubrimos a relación que algunhas das historias teñen coa súa infancia, con vivencias persoais, con xente importante nas súas vidas... E todos marchamos cos nosos libros asinados cunha dedicatoria. Unha experiencia marabillosa que xa é tradición no cole e seguiremos organizando por ser encontros inesquecibles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

