viernes, 16 de marzo de 2018
VISITA DA ESCRITORA ANA ALONSO
Esta semana tivemos a visita no colexio da escritora Ana Alonso que nos veu a falar dalgúns dos seus libros. Os alumnos/as de 4º tiveron a presentación do libro "El baño de Cleopatra", os de 5º "El coleccionista de estrellas" e os de 6º "Marea negra".
Aquí tedes algunhas imaxes da súa visita:
viernes, 9 de marzo de 2018
MURAL DA MULLER
Aproveitando o proxecto anual centramonos nas mulleres do cine( directoras, actrices, etc...) e cada curso fixo unha pequena biografía da elexida.
viernes, 2 de marzo de 2018
DÏA INTERNACIONAL DA MULLER
Para conmemorar o día internacional da muller, o Equipo de biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propomos a seguinte actividade:
Traballar unha muller relacionada co mundo do cine, aproveitando que é o proxecto anual deste curso. Elaboraremos en formato A3 a biografía acompañada dun debuxo ou fotografía da persoa escollida. Unha listaxe de posibles mulleres que se poden traballar (a maioría galegas) son:
ACTRICES: María Castro, María Bouzas, Marta Larralde, María Pujalte, Cristina Castaño, Mabel Rivera,..........
DIRECTORAS: Patricia Ferreira, Isabel Coixet, Iziar Bollain, Alice Guay-Blanché, ......
martes, 27 de febrero de 2018
TRABALLOS ROSALÍA
Aquí vós deixo unha mostra dos traballos realizados no colexio con motivo do día de Rosalía de Castro.
viernes, 16 de febrero de 2018
DÍA DE ROSALÍA
O próximo día 24 de febreiro celebraremos o día de Rosalia , para elo elaboraremos entre todo o colexio un mural con traballos adicados a poetisa padronesa (poemas, debuxos, fotografías, etc).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























