O día 28 venres celebrouse no colexio o día de Rosalía, xa que este ano cadrou en pleno entroido.O alumnado do colexio, na sesión do proxecto lector, recitou, cantou, etc... poemas de Rosalía polas aulas.
Páginas
▼
viernes, 28 de febrero de 2020
lunes, 24 de febrero de 2020
MECO RIMOSO
O meco este ano está relacionado co medio ambiente e o alumnado de 5º de primaria elaborou as ordes con rimas. Aquí as tedes:
miércoles, 12 de febrero de 2020
VISITA DA ESCRITORA ALICIA BORRÁS
O pasado 12 de febreiro visitounos a
escritora Alicia Borrás, autora do libro "Nata y chocolate".
O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo conversando con ela, que lles falou dos libros
que escribiu, da súa outra profesión, que é actriz de dobraxe, dos novos
proxectos literarios que ten entre mans...
Pero, sobre todo, faloulles da historia de
Sonia, Lola e Juan, os protagonistas do libro, en quen se inspirou, canto
tardou en escribilo,..e todo aquilo que as nenas e nenos lle preguntaron.
Para
rematar firmoulles, con moito agarimo, a cada un o seu libro.
lunes, 10 de febrero de 2020
CONTACONTOS POLA IGUALDADE
O venres tivemos no colexio unha xornada de contacontos. Os alumnos/as de infantil e 1º de primaria, asistiron a representación do conto ULA LÚA? de Celtia Figueiras que nos conta unha historia sobre amor, familia e amizade, onde valores como tenrura, respecto ou solidariedade cobran importancia fronte a un mundo onde non cabe a violencia..
Por outra banda os alumnos/as de 2º e 3º de primaria asistiron a representación do conto "Somos Iguais" de Raquel Queizás que nos conta que tanto nenos coma nenas somos iguais tanto de valentes coma de sensibles.
viernes, 7 de febrero de 2020
VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL
Esta semana os alumnos/as de 2º A e B fixeron unha visita á biblioteca Juan Compañel de Vigo.
Alí tiveron a oportunidade de coñecer como é o funciomamento dunha biblioteca e disfrutar da lectura acompañados dun bibliotecario que lles explicou todo dunha maneira amena.
Visita moi recomendada para facer cos alumnos/as ou tamén en familia.


Ademais ofertan actividades para os nenos/as cada mes. Podedes asistir previa inscripción na propia biblioteca ou chamando por teléfono.
Aquí tedes a información das actividades que se levarán a cabo no mes de febreiro na biblioteca Juan Compañel.
Alí tiveron a oportunidade de coñecer como é o funciomamento dunha biblioteca e disfrutar da lectura acompañados dun bibliotecario que lles explicou todo dunha maneira amena.
Visita moi recomendada para facer cos alumnos/as ou tamén en familia.
Pasáronno xenial!























