Dous traballos de editoras galegas intégranse na lista White Ravens,
que recolle cada ano os douscentos mellores libros de literatura
infantil e xuvenil do mundo. A listaxe, que elabora a Biblioteca
Internacional da Mocidade de Munich, recolle un total de seis obras editadas en España.
Entre estas inclúe o conto "Gallito pelón", de Paula Carbonell e Philip Giordano, editado pola galega OQO e mais "Nicomedes o pelado", de Pinto e Chinto e editado por Kalandraka. Esta última é a única obra en galego incluída na selección deste ano.