Así celebramos o día da paz no colexio. Foi un día estupendo no que fixemos xogos, escoitamos os alumnos de 6º tocar coa frauta a canción de "IMAXINE" ao compás da música, dixemos unhas frases moi bonitas que esperamos se fagan realidade e soltamos unha pomba que nos trouxo o papá de Alexander (5 anos A). GRAZAS!
Páginas
▼
viernes, 31 de enero de 2014
miércoles, 29 de enero de 2014
Traballos feitos sobre unha personaxe
Cada clase encargouse de facer un traballo dunha personaxe e este foi o resultado:
martes, 28 de enero de 2014
30 DE XANEIRO,DÍA DA ILUSTRACIÓN
A
Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, propón
diversas actividades dirixidas a todos os públicos e de balde para promover a
celebración, por vez primeira, do Día da Ilustración en Galicia.
A
Xunta de Galicia crea esta data coincidindo co nacemento de Alfonso Daniel
Rodríguez Castelao, para destacar a
importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer
en valor o sector galego da ilustración.
(Preme na imaxe para ver a programación)
Día mundial da paz
O día 30 de xaneiro teremos no colexio á celebración do día da paz, neste día diremos algunha frase por clase e soltaremos unha pomba, ademáis cada curso fará un traballo dunha personaxe ilustre, o cal estará exposto no corredoiro que se atopa o lado da sala de mestres. a canción que cantaremos todos/as xuntos será imagine of the people de John Lennon Despois FESTA E XOGOS
domingo, 19 de enero de 2014
martes, 14 de enero de 2014
Árbores decoradas
Grazas a tódalas familias pola vosa colaboración para decorar as árbores que se atopan na entrada do noso colexio feitos con material de refugallo, o cal é este ano o noso centro de interese.
viernes, 10 de enero de 2014
OS NOSOS CORREDOIROS
A continuación deixamos unha presentación da decoración que o longo do curso imos facendo nosos corredoiros cos traballos dos nenos e nenas do cole. Esperamos que vos guste!
